Etiquetas
alta tecnoloxía, artesanía, conferencias, creación, Cultura, Empresa, Entreprises du Patrimoine Vivant, EPV, excelencia, experiencia, Foro Isaac Díaz Pardo, Foros, Francia, homenaxe, imaxe, industria, innovación, Internacionalización de las Pymes, label, Local, Made in France, Museo do Pobo Galego, patrimonio cultural, patrimonio económico, Santiago de Compostela, savoir-faire, sello de calidade, seminarios, territorio, tradición
I Foro Isaac Díaz Pardo Empresa e Cultura (15.06.2013)
“Por primeira vez, o Museo inclúe no seu programa unha actividade dirixida a tratar sobre a relación entre a empresa e a cultura. Ao tempo, quérese render homenaxe a quen foi patrón fundador e presidente do noso Padroado, Isaac Díaz Pardo. Este I Foro centrarase en coñecer e reflexionar sobre o papel que a tradición ten nas empresas cando se trata de desenvolver un novo produto adaptado aos novos requirimentos dos comsumidores e mantendo a esencia do saber facer propio.” (Fonte: Museo do pobo Galego)
Consultar o programa (PDF)
Pola miña parte intentarei estar, para seguir de preto a intervención do representante de EPV (Entreprises du Patrimoine Vivant, Francia). Trátase dun label de calidade xestionado polo Ministerio de Economía, Finanzas e Industria, que premia a excelencia artesanal ou industrial das empresas francesas (o “savoir-faire”…). Diríxese a “calquera empresa que posúe un patrimonio económico, composto en especial dun coñecemento raro, de renome ou ancestral, fundamentado na mestría de técnicas tradicionais ou de alta tecnicidade e relacionado cun territorio”. Trátase de promover certa imaxe económica e cultural do “Made in France” a través dalgúnas empresas emblemáticas que souberon reconciliar a tradición coa innovación, a experiencia coa creación, a labor coa paixón, o local co internacional…
Unha experiencia de sumo interese para reflexionar en políticas de defensa do patrimonio artesanal e industrial que forxan a identidade dun territorio (Galicia, Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, España…), máis que nunca no contexto de fuga de cerebros e de desaparición de empresas, incluso as más antigas e emblemáticas da Península. Xuntado coa alternativa do turismo industrial, o turismo mariñeiro, ou de modo máis xenérico, o “Turismo de descuberta económica” como se define en Francia, temos un campo de actuación moi amplio para experimentar.
