Etiquetas

, , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,


DSC_0227

Museo do Pobo Galego (1998)

I Foro Isaac Díaz Pardo Empresa e Cultura (15.06.2013)

“Por primeira vez, o Museo inclúe no seu programa unha actividade dirixida a tratar sobre a relación entre a empresa e a cultura. Ao tempo, quérese render homenaxe a quen foi patrón fundador e presidente do noso Padroado, Isaac Díaz Pardo. Este I Foro centrarase en coñecer e reflexionar sobre o papel que a tradición ten nas empresas cando se trata de desenvolver un novo produto adaptado aos novos requirimentos dos comsumidores e mantendo a esencia do saber facer propio.” (Fonte: Museo do pobo Galego)

Consultar o programa (PDF)

Pola miña parte intentarei estar, para seguir de preto a intervención do representante de EPV (Entreprises du Patrimoine Vivant, Francia). Trátase dun label de calidade xestionado polo Ministerio de Economía, Finanzas e Industria, que premia a excelencia artesanal ou industrial das empresas francesas (o “savoir-faire”…). Diríxese a “calquera empresa que posúe un patrimonio económico, composto en especial dun coñecemento raro, de renome ou ancestral, fundamentado na mestría de técnicas tradicionais ou de alta tecnicidade e relacionado cun territorio”. Trátase de promover certa imaxe económica e cultural do “Made in France” a través dalgúnas empresas emblemáticas que souberon reconciliar a tradición coa innovación, a experiencia coa creación, a labor coa paixón, o local co internacional…

Unha experiencia de sumo interese para reflexionar en políticas de defensa do patrimonio artesanal e industrial que forxan a identidade dun territorio (Galicia, Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, España…), máis que nunca no contexto de fuga de cerebros e de desaparición de empresas, incluso as más antigas e emblemáticas da Península. Xuntado coa alternativa do turismo industrial, o turismo mariñeiro, ou de modo máis xenérico, o “Turismo de descuberta económica” como se define en Francia, temos un campo de actuación moi amplio para experimentar.

Anuncios